

Recompilando manuscritos...
Cerna é unha asociación, revista dixital e comunidade independente dedicada a promover as ideas e o debate arredor da filosofía, a economía, as ciencias sociais e o pensamento crítico. Un espazo de reflexión acougada onde compartir opinións, contrastalas e avanzar coa palabra.

Cerna aspira a ser unha tribuna aberta a calquera persoa con vocación de escribir e pensar con rigor. Recibimos propostas de autores externos baixo os criterios de calidade e honestidade intelectual do noso Consello Editorial.
Envíanos un correo a través do formulario de contacto achegando o teu manuscrito ou explicándonos a túa intención de escribir e o tema que queres abordar.
“A difusión do pensamento crítico e a análise multidisciplinar como compromiso coa liberdade intelectual.”
Sen ataduras partidistas nin subvencións que condicionen o criterio.
Ensaios argumentados e debate sosegado fronte á urxencia do titular.
Comunidade de autores diversos unidos pola honestidade intelectual.
nace da convicción de que as mellores ideas xorden lonxe do ruído e da urxencia que caracterizan boa parte do debate público actual. Deste xeito, aspiramos a crear un espazo de diálogo e reflexión afastado da demagoxia e a polarización.

Estudante de Economía na USC, Premio Extraordinario de Bacharelato 2025 e gañador do Parlamento Xove 2026 (categoría universidade) xunto a Héctor González Prego, recoñecido ademais como Mellor Orador da edición. As súas columnas nacen dunha inquietude por entender o mundo dende a filosofía política, a economía, as ciencias políticas e o dereito, cun interese especial no estudo da liberdade, ademais de artigos máis técnicos centrados na análise político-filosófica, a economía austríaca e os fundamentos macro e microeconómicos.

Estudante de Física na Universidade de Santiago de Compostela e de Matemáticas na UNED, gañador do Parlamento Xove 2026 na categoría universitaria xunto a Diego Araújo Rodríguez. Os seus artigos nacen da curiosidade científica e do interese por comprender o mundo a través de modelos científicos, especialmente matemáticos, así como por transmitir estas ideas dun xeito claro, rigoroso e accesible. Busca achegar conceptos útiles e aplicables, sen renunciar á reflexión, con interese tamén por ámbitos como a psicoloxía e a comunicación.

Estuda o dobre grao bilingüe en Dereito e Administración e Dirección de Empresas (ADE) na Universidade Carlos III de Madrid. No ámbito do debate, foi distinguido na categoría de Bacharelato como mellor orador na fase previa do Parlamento Xove na edición de 2025. Os seus artigos nacen do interese por analizar a realidade socioeconómica e xurídica actual, cunha mirada especialmente centrada nos retos, perspectivas e problemáticas que afronta a mocidade de hoxe en día.

Estudante de Lingua e Literatura Españolas na Universidade de Navarra. A súa obra foi recoñecida en certames literarios galegos, como o Premio de Poesía «Cambados Mar de Letras» e o «Certame Literario de Ames», e en 2025 foi distinguido como mellor orador da categoría de Bacharelato na fase final de Parlamento Xove. A súa escrita céntrase no problema da identidade, con especial atención á tradición como forma de resistencia. Aborda o proceso de secularización de Europa e dialoga coa tradición galeguista e co pensamento europeo.
Todo o que precisas saber sobre a nosa publicación, o proxecto asociativo e a participación aberta.
Cerna Pensamento é unha revista dixital de pensamento crítico, filosofía política, economía e creación literaria, así como unha asociación cultural sen ánimo de lucro fundada en Galicia. O proxecto nace co propósito de xerar un espazo de debate sereno e rigoroso en lingua galega e castelá, afastado do ruído conxuntural e comprometido coa liberdade intelectual e a calidade editorial.
A nosa tribuna está aberta a calquera autor, investigador ou creador cuxa proposta cumpra cos criterios de calidade, rigor dialéctico e honestidade intelectual establecidos polo Consello Editorial. Aceptamos artigos de opinión, ensaios monográficos, prosa narrativa e creación poética. Podes remitir o teu manuscrito ou proposta a través da nosa sección de contacto ou escribindo a contacto@cernapensamento.org.
Cerna Pensamento é unha organización de natureza asociativa, independente e sen ánimo de lucro, constituída formalmente ao abeiro da Lei orgánica 1/2002 reguladora do dereito de asociación. Finánciase mediante as achegas dos seus membros e mantén total independencia de partidos políticos, institucións gobernamentais ou grupos de presión.
A asociación establece a súa sede e domicilio social en Cambados (provincia de Pontevedra, Galicia). Desenvolve a súa actividade tanto no territorio galego mediante encontros presenciais, ciclos de conferencias e coloquios do programa Ágora Cerna, como a escala internacional a través da súa edición dixital aberta.
Cerna é un espazo de discusión aberto onde sempre procuramos novas voces e novas perspectivas. Podes solicitar publicar artigos ou vincularte a nós formando parte da asociación. Envíanos as túas propostas e dúbidas, estaremos encantados de atendelas.
Envía os teus borradores, colaboracións ou propostas para seren avaliadas polo Consello Editorial.
Para cuestións sobre a asociación, adhesións, consultas estatutarias ou prensa, podes escribirnos directamente ao noso enderezo de correspondencia.
Se o Consello Editorial acepta a proposta, asociamos o teu correo con privilexios de Autor Convidado para que poidas redactar, maquetar e editar o texto ao teu ritmo.
Unha vez rematado o texto e listo para saír á luz, os membros do Consello Editorial avalíano e certifican a súa publicación definitiva nas nosas páxinas.
Réxime de Autor Convidado: Os autores convidados poden publicar un máximo de 2 textos ao ano e até 4 publicacións en total ao longo de varios anos.
Formamos un grupo de autores que se resisten a encaixar a realidade nunha soa disciplina. Filosofía, economía, dereito, ciencia, literatura e cultura conviven nas nosas páxinas coa mesma naturalidade con que se cruzan na vida cotiá, porque estamos convencidos de que comprender o mundo esixe mirar máis alá dos límites estreitos dunha especialización illada.
Escribimos dende a liberdade individual e a responsabilidade que a acompaña, coa honestidade intelectual e o rigor como únicas fronteiras. Máis que unha asociación, CERNA quere ser un espazo de encontro: unha comunidade de pensamento irrestricto, coa única limitación do respecto polo pensamento alleo.



Unha crítica dos dereitos sociais a partir do caso da vivenda: da Constitución á defensa do dereito natural.


Incerteza, acción e a función social de anticipar o futuro.

Unha moeda equilibrada debería deixar pouco espazo para discutir. Ata que quedas durmido.

Entre o ruído das discusións e o silencio da perda, unha reflexión sobre a humanidade que ás veces esquecemos.