Recompilando manuscritos...
Recompilando manuscritos...
A Asociación Cerna Pensamento é unha entidade sen ánimo de lucro constituída o 28 de xullo de 2026 no Concello de Cambados. Nace cun propósito firme: promover o pensamento crítico e o diálogo como ferramentas fundamentais para a convivencia e o desenvolvemento social, con especial foco na mocidade. Trátase dunha iniciativa xurdida en Galicia con vocación universal.
Os seus catro membros fundadores —Denís Fernández Casal, Diego Araújo Rodríguez, Héctor González Prego e Anxo Pérez Prego—, tras iniciar a súa etapa universitaria, identificaron a necesidade de ofrecer á mocidade galega un espazo de socialización e reflexión construtiva. Cerna Pensamento constitúese así como unha estrutura plural e accesible, deseñada para a análise e o debate rigoroso, á marxe da polarización política e das dinámicas partidistas.
Cerna Pensamento xorde da amizade e da traxectoria compartida polos seus fundadores no ámbito do debate académico durante a etapa de bacharelato. Esta afinidade persoal e intelectual evoluciona hoxe nun proxecto institucional que procura contaxiar o interese polo coñecemento ao resto da mocidade galega.
A misión principal da asociación é consolidar un foro de reflexión arredor dos grandes retos e cuestións do noso tempo. Para acadalo, a plataforma web corporativa atópase no centro da súa estratexia como a principal canle de difusión de ideas e debate intelectual.
Alén da publicación de artigos e o impulso a mozos autores, a asociación aposta por un diálogo dinámico e estruturado. Ágora Cerna é o programa mensual de encontros —principalmente en formato dixital— articulado a través de tres modalidades:
Como liña de expansión, Ágora Cerna iniciará a súa programación de eventos presenciais na vila de Cambados, coa previsión de estender estas actividades a outras localizacións da xeografía galega.
CERNA é un espazo de encontro para o pensamento crítico e a reflexión sosegada. O noso proxecto editorial estrutúrase en catro coleccións principais:
A experiencia do equipo fundador no ámbito da oratoria escolar (tras representar ao IES Francisco Asorey no certame Parlamento Xove) avala o valor do debate académico como ferramenta pedagóxica para fomentar o traballo en equipo e o pensamento crítico.
Un dos obxectivos estratéxicos da asociación é a organización dun torneo de debate de ámbito comarcal no Salnés. Con esta iniciativa, Cerna Pensamento busca contribuír á descentralización da oferta cultural e educativa en Galicia, achegando estas dinámicas fóra dos grandes núcleos urbanos. A execución deste proxecto desenvolverase de xeito progresivo a medida que se consolide a rede de colaboradores da entidade.
Cerna Pensamento está aberta a todos aqueles mozos e mozas con inquietude intelectual, desexo de análise crítica e interese por formar parte dunha comunidade activa e comprometida cos retos sociais actuais.
Ofrécese a posibilidade de formar parte da asociación como membro de pleno dereito ou de participar de xeito puntual nas distintas actividades e iniciativas programadas. Se queres participar ou simplemente tes curiosidade, non dubides de contactar connosco.
Consulta o documento oficial que rexe o funcionamento, principios e obxectivos da Asociación Cerna Pensamento.